jueves, 27 de abril de 2017

Abril: Monstros e bruxos


Na nosa última sesión pasámolo de medo co bruxo Carabuñas... que nunca corta as uñas!!

Ata que  coñeceu a Branca que coa súa astucia soubo convencer ó noso bruxo de que en realidade é Caramuxo. Todo consternado tivo que saír correndo á súa casopa saltando de un brinco o río, subindo e baixando a montaña e atravesando o bosque que a separan da  aldea da cativa, para alí poder comprobar nun espello que estaba trabucado e o fin deixar que a súa nova amiga Branca lle fixese a manicura.



E como nos tamén somos bos amigos dos bruxos e monstros decidimos axudar a algúns deles que se deixaron ver polas nosas mesas... pero que saíran de casa un pouco despistados sen ollos, nariz, bocas... todos feitos un lío!!




Tivémonos que poñer a traballar pegamento e pinturas en man para deixalos ben ben guapos.



E ainda tivemos algo de tempo para curiosear na monstruosa selección de libros que como sempre nos fixeron na biblioteca de Montealto



Agardámosvos na próxima e última sesión de este ano e ata entonces... felices lecturas!!!

lunes, 3 de abril de 2017

"CARABUÑAS", de Margarita del Mazo y Charlotte Pardi


Para a nosa próxima sesión escollemos un conto que nos encanta, Carabuñas... un bruxo normal que fai bruxarías normais e que non corta as uñas!!



Neste libro, que firman Margarita del Mazo & Charlotte Pardi, descubriremos a historia que une a este famento bruxo  e a astuta e lista Branca. Comprobaremos como co bo uso destas dúas cualidades a nena consegue encher de inseguridades ó bruxo e ata convencelo de que non é boa idea comer nenos.


Unha historia que destila humor a través dus enxeñosos diálogos e unhas divertidas e frescas ilustracións.

E o rematar os nenos poderán deixar voar a sua imaxinación e crear o seu propio bruxo... quizais redondo como unha pelota ou largo como un día sen pan, quizais peludo coma un peluche ou con catro patas e catro mans para chegar a tódolos lados, quizais con ollos saltóns ecunha boca xigante chea de dentes ou cunha de duas linguas... ¿con qué nos sorprenderán?

Recordade que este mes trasladamos a nosa cita ata o día 22 de Abril para que non coincida coas vacacións de semana santa... e ata entón, felices lecturas!!