domingo, 13 de mayo de 2018

A máscara do león e a linguaxe de signos.



Os meses pasaron voando e xa nos atopamos no mes de Maio,  este é o mes da nosa última sesión do club de lectura deste ano. Esta sesión será moi especial, porque ademáis de ler un conto precioso, A máscara do león, teremos a sorte de poder disfrutalo tamén na linguaxe de signos!


A máscara do león é un conto con texto de Margarita del Mazo e ilustracións de Paloma Valdivia, que nos conta a historia dun pequeno e simpático león que non quere perder as súa leda e afable personalidade por moito que o seu pai pense que esas non son as cualidades que debe ter o rei da selva. O noso león loitará por seguir sendo el mesmo a pesar da máscara que lle impón o seu pai.
Despois do conto, pasaremos un rato moi divertido aprendendo algunhas palabras na linguaxe de signos e faremos tamén algún xogo.

Esperámosvos a todos o próximo día 19 ás 11:30 no centro cívico da Cidade Vella!









domingo, 15 de abril de 2018

"GARABATO E TINTA" de Ethan Long

 Garabato  é un gato ó que lle gusta debuxar. Tinta é un rato ó que lle encanta pintar. Pero a ningún do dous lle gusta as obras do outro... ou eso din.

 Non aceptan as críticas e pelexan porque os dous queren ser os mellores artistas do mundo.

 Finalmente daránse conta de que xuntos, cada un co seu estilo, poden crear auténticas obras de arte.

Unha bonita historia que nos mostrará que ser tolerante co que ten ideas lonxanas ás nosas é unha boa idea, xa que xuntos podemos facer un gran equipo.




Ademáis estes dous artistas tamen nos ensinarán as obras de outros grandes pintores da nosa historia coma un tal Leonardo da Vinci, un tal Van Gogh e algún máis...

Agardámosvos o próximo sábado 21 de Abril... e ata entón felices lecturas amigos!!


viernes, 16 de febrero de 2018

"PARECE UNHA ROSA" de Rosalía de Castro


E así como non quere a cousa pasou un mes e mañán teremos unha nova sesión no noso clube de lectura. 
E aproveitando que o vindeiro día 24 de Febreiro celebrarase o día de Rosalía de Castro contaremoslle os nosos nenos un pouco da súa vida e leeremos algunha poesía para que coñezan a nosa celebre escritora


Agardámosvos mañan!!!

lunes, 15 de enero de 2018

"UN DÍA DE NEVE" de EZRA JACK KEATS











“Unha mañá de inverno, Peter espertouse e mirou a través da fiestra. Durante a noite nevara. Ata onde alcanzaba a vista, a neve cubrirao todo”



Este sinxelo suceso permitiranos acompañalo nos seus xogos e paseos a través da neve… deixando surcos cos pes, facendo anxos movendo os brazos… Un día cheo de descubrimentos e aprendizaxes, de ledicias e tristezas… que faran que ese fortuito día de neve sexa imborrable na sua memoria. 









Un libro de 1962 que a editorial Lata de sal recupera para nos na súa colección Vintage e que plasma a perfección os sentimentos dun neno ante o descubrimento de sucesos novidosos, a aprendizaxe autónoma que xurde das experiencias e a exploración do que hai o noso redor. Un día de neve convirte a curiosidade e a sorpresa infantil nunha historia entrañable. 


E ademáis de vivilo a través de Peter tamén nos experimentaremos nesta sesión novas sensacións… a neve quédanos algo lonxe da nosa escola pero algo maquinaremos para poder acercala ós nosos nenos!!!

Vémonos o Sábado 20 ás 11.30h no centro cívico... ata entón felices lecturas!!