“Unha mañá de inverno, Peter espertouse e mirou a través da fiestra. Durante a noite nevara. Ata onde
alcanzaba a vista, a neve cubrirao todo”
Este sinxelo suceso
permitiranos acompañalo nos seus xogos e paseos a través da neve… deixando surcos
cos pes, facendo anxos movendo os brazos… Un día cheo de descubrimentos e
aprendizaxes, de ledicias e tristezas… que faran que ese fortuito día de neve
sexa imborrable na sua memoria.
Un libro de 1962 que a editorial Lata de sal recupera para
nos na súa colección Vintage e que plasma a perfección os sentimentos dun neno
ante o descubrimento de sucesos novidosos, a aprendizaxe autónoma que xurde das
experiencias e a exploración do que hai o noso redor. Un día de neve convirte a
curiosidade e a sorpresa infantil nunha historia entrañable.
E ademáis de vivilo a través de Peter tamén nos experimentaremos
nesta sesión novas sensacións… a neve quédanos algo lonxe da nosa escola pero algo maquinaremos para poder acercala ós nosos nenos!!!
Vémonos o Sábado 20 ás 11.30h no centro cívico... ata entón felices lecturas!!