Na nosa última sesión pasámolo de medo co bruxo Carabuñas... que nunca corta as uñas!!
Ata que coñeceu a Branca que coa súa astucia soubo convencer ó noso
bruxo de que en realidade é Caramuxo. Todo consternado tivo que saír
correndo á súa casopa saltando de un brinco o río, subindo e baixando a
montaña e atravesando o bosque que a separan da aldea da cativa, para
alí poder comprobar nun espello que estaba trabucado e o fin deixar que a
súa nova amiga Branca lle fixese a manicura.
E como nos tamén somos bos amigos dos bruxos e monstros decidimos
axudar a algúns deles que se deixaron ver polas nosas mesas... pero que
saíran de casa un pouco despistados sen ollos, nariz, bocas... todos
feitos un lío!!
Tivémonos que poñer a traballar pegamento e pinturas en man para deixalos ben ben guapos.
E ainda tivemos algo de tempo para curiosear na monstruosa selección de libros que como sempre nos fixeron na biblioteca de Montealto
Agardámosvos na próxima e última sesión de este ano e ata entonces... felices lecturas!!!