domingo, 29 de enero de 2017

Xaneiro: terra, sementes e auga


Este primeiro sábado de reunión do ano 2017 limos a obra Pequeño Jardinero de Emily Hughes. Os nosos pequenos ficaron moi atentos ó xardiñeiro e ó seu xardín, a súa flor, ós seus desexos, á súa cabana...


Como actividade plantamos sementes de pirixel nuns vasiños de iogur, coa axuda dunhas pás depositamos a terra nuns vasiños de iogur e plantaron as sementes de pirixel cada un no seu propio vasiño. Tivemos a gran axuda de R. o noso pequeno xardiñeiro particular que incluso tivo un par de consellos para darnos ás nais que alí estabamos.

Regamos os nosos vasiños e agora... a agardar a que broten as nosas plantiñas de pirixel.


Como recomendación cinematográfica suxerimos Wall-e unha película maravillosa onde os seus protagonistas vivirán unha grande aventura intentando salvar custe o que custe a unha pequena planta.

Escoitamos, nesta ocasión, o álbum Grace de Jeff Buckley mentres plantaron as sementes e, coma de costume, fixeron os seus debuxos sobre o libro.


A continuación podedes consultar os títulos que nos suxeriron as nosas bibliotecarias da Biblioteca Municipal de Monte Alto.

A la tierra le ha salido una gotera de Ágatha Echevarría y Phillip Stanton
Adivina cuánto te quiero de Sam McBratney y Anita Jeram
Árbores no camiño de Régine Raymond-García & Vanina Starkoff
El árbol de la escuela de Antonio Sandoval y Emilio Urberuaga
El bambú defensor de la aldea de S. Suwannapokin
El grillo silencioso de Eric Carle
El jardín del abuelo de Lane Smith
El mundo al que vienes de Carmen Queralt
El último día de otoño de Adriá Gódia Moragues
Los niños de las raíces de Sybille von Olfers
Mi pequeño jardín de Katrin Wiehle
Para hacer el retrato de un árbol de Jackes Prévert y Mordicai Gerstein
Turelí, tureló de Elzbieta
Un paseo polo parque de Anthony Browne
Verdedades de Yolanda Castaño e Xosé Tomás



Pronto publicaremos o libro que leeremos na próxima sesión.

Ata entón, felices lecturas!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

te escuchamos