lunes, 27 de febrero de 2017

Febreiro: animais agarimosos



Na sesión de Febreiro lemos o conto “A vaca que puxo un ovo”  de Andy Cutbill (texto) e Russel Ayto (ilustracións). E ,ainda que algúns nenos xa coñecían a historia, pasamos un moi bo rato coa vaca Marjorie e as súas amigas as pitas.


Toda a granxa estaba conmocionada coa gran noticia de que Marjorie puxera un ovo e convertérase no centro de atención. Marjorie estaba feliz pero máis feliz estivo cando naceu o seu pitiño e berrou alto e claro MUUUUUUUUUUUUUUU!!!



E como nos gustou tanto que Marjorie fora tan agarimosa co seu pitiño Daisy decidimos buscar nunha caixa a ver se había outros animais tan agarimosos entre si.
E levamos máis dunha sopresa por que había elefantes agarimosos con outros elefantes, pero tamén cunha nena, e un chimpancé agarimoso cun tigre pequeniño, e gatos con outros gatiños pero tamén cun coello e cun hamster, e unha galiña que cuidaba dun can...





Ainda tivemos algo de tempo para pintar e tamén para coñecer algún conto máis dos que nos seleccionaron na biblioteca de Montealto como ven sendo habitual. Deixámosvos ao final a selección..






Amigos de Helen Oxenbury
Una manchea de bicos de Antonia Rodenas y Carme Solé Vendrell
Max e Koffi son amigos de Dominique de Saint Mars y Serge Bloch
As cinco amigas de Maruxa Olavide y Mª Fe Quesada
Marmelada de amorodo de Daniel Nesquens y Fino Lorenzo
El pollo desplumado de Chich-Yuan Chen
Dos amigos de Paz Rodero y Jozef Wilkon
Alex y el amigo inolvidable de Norbert Landa y Hanne Türk
Tento y su amigo de Ricardo Albcántara y Gusti
Micifú e os seus amigos de Ramón Caride y Fernando L.Juárez


Agardámosvos na próxima sesión e ata entonces... felices lecturas!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

te escuchamos