lunes, 3 de abril de 2017

"CARABUÑAS", de Margarita del Mazo y Charlotte Pardi


Para a nosa próxima sesión escollemos un conto que nos encanta, Carabuñas... un bruxo normal que fai bruxarías normais e que non corta as uñas!!



Neste libro, que firman Margarita del Mazo & Charlotte Pardi, descubriremos a historia que une a este famento bruxo  e a astuta e lista Branca. Comprobaremos como co bo uso destas dúas cualidades a nena consegue encher de inseguridades ó bruxo e ata convencelo de que non é boa idea comer nenos.


Unha historia que destila humor a través dus enxeñosos diálogos e unhas divertidas e frescas ilustracións.

E o rematar os nenos poderán deixar voar a sua imaxinación e crear o seu propio bruxo... quizais redondo como unha pelota ou largo como un día sen pan, quizais peludo coma un peluche ou con catro patas e catro mans para chegar a tódolos lados, quizais con ollos saltóns ecunha boca xigante chea de dentes ou cunha de duas linguas... ¿con qué nos sorprenderán?

Recordade que este mes trasladamos a nosa cita ata o día 22 de Abril para que non coincida coas vacacións de semana santa... e ata entón, felices lecturas!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

te escuchamos